jueves, 14 de febrero de 2008

QUERO SER VOLUNTARIO

Quero ser voluntário

Para ser voluntário non se necesitan características específicas.


Todos/as podemos ser voluntários.


Que fai o voluntario/a?

As accións son parte mais concreta do voluntariado, o lado visíbel. As actividades situan-se nun tempo, nun lugar e nuns compromisos.

Gratuidade, continuidade, libertade, solidariedade ou formación son algunhas das características que definen a acción do voluntário/a.

Pero ser voluntária é algo mais que unha acción concreta. Ésta, por si só, corre o perigo de se converter en beneficencia ou asistencialismo sen repercusión real na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.

O voluntariado é unha actividade que podemos exercer todas, independentemente da nosa idade, profisión, coñecementos ou calquera outra característica persoal. É cuestión de nos orientar cara a sección mais adecuada.

O QUE CHE PEDIMOS

Colaborar como voluntário.
Asistir á información inicial e á entrevista persoal
Participar nas actividades de formación
Estar en contacto cos responsábeis e parceiros de voluntariado
Cumplimento dos compromisos que libremente adquiras

O QUE CHE OFERECEMOS

Ti escolles en que sección (en que actividades te gustaría participar), o horário e tamén pos a data de termo

Formación adecuada

Responsábeis de equipa que che apoiarán en calquera duvida ou problema
Seguimento, asesoramento e resolución de problemas do dia a dia
Participación activa na vida da organización
Seguro de responsabilidade civil
Carné identificativo como voluntário do Club Manuel Pose Veiga
Documentación de apoio

Se queres ser voluntario/a:

Ponte en contacto con nos nesta dirección de correo

club.mpv@gmail.com


No hay comentarios: