domingo, 24 de febrero de 2008

"I XORNADAS DE VOLUNTARIADO, OCIO E DISCAPACIDADE"

Como vos dixemos en anteriores entradas, estamos a organizar, xunto con ASPABER, as

"I XORNADAS DE VOLUNTARIADO, OCIO E DISCAPACIDADE".
Terán lugar en Carballo os días 12, 19 e 26 de abril e será impartido pola Asociación Norai.
Se queredes inscribiros tedes o formulario na página principal. Só tedes que pinchar na barra lateral (onde pon "inscríbete eiquí") e a inscripción chegará ó noso mail.

Eiquí os deixamos un adianto do programa:
  • A discapacidade
  • O ocio das Persoas con Discapacidade
  • Un servicio de Ocio: O clube Manuel Pose Veiga
  • Organización e planificación do noso servicio.
  • Dereitos, deberes e lexislación referente ó voluntariado.
En breve os deixaremos o programa completo.

Xa o sabedes, estades invitados!!!!

martes, 19 de febrero de 2008

Eiquí cabemos tod@s



Non hai que ser nin o mais listo, nin o mais formal.
Só imos compartir tempos, espazos, coñecer xente e pasalo ben todos xuntos.

Os compromisos e as responsabilidades serán as que ti queiras compartir con nos.

Non esquenzas que coa tua participación e opinión, chegaremos mais lonxe.


domingo, 17 de febrero de 2008

Seguimos coa lembranza...CAMPAMENTOS DE VERÁN 2007


ESTE ANO CELEBRAMOS DOUS CAMPAMENTOS DE VERÁN,O 1º FOI DO 1 Ó 6 DE XULIO EN PORTONOVO,NÁS INSTALACIÓNS DE COLEXIO ABRENTE,PARTICIPARON 47 USUARIOS


NÓ 2º FOMOS A RIBADEO DENDE O 17 ATA Ó 24 DE AGOSTO.PARTICIPARON UN TOTAL DE 19 USUARIOS...FIXEMOS PAINTBALL,FOMOS Ó CINE,PRAIA,PASEOS EN BARCO,VERBENAS,OBRADOIROS...