domingo, 17 de febrero de 2008

O Sair da mediocridade

O Sair da mediocridade

“Estaba tranquilo na miña mediocridade até que me resultou insuportábel”. Cantos de nós poderíamos subscreber esta frase que escrebeu Robert Hossein. E se ben ollamos o noso pasado, podemos segurar que cada un dos que abrimos a páxina deste Portal de Internet sentimos a bofetada que nos fixo acordar do noso letargo, da nosa mediocridade inconscientemente aceitada. Cantas veces non leremos ou escoitado a frase: “o nacimento do meu fillo mudou-me a vida”, ou “a chegada dese alumno foi o revulsivo”… É certo e non o é. Porque somos cada un de nós quen realizamos, pomos en ejecución, o troco da nosa vida. O fillo ou o alumno foi o estímulo, pero o resorte e a capacidade de transformazón son os nosos .

Non pretendemos con iso idealizar a realidade que subpón a presenza dunha persoa con evidentes limitacións e problemas nos nosos vistas. O que afirmamos é que a convivéncia coa discapacidade, cando é aceitada e afrontada con enerxia e amor, ten a virtude de transformar a nosa mediocridade. Fai que descubramos un modo distinto de nos relacionar coa xente, de desempeñar as nosas tarefas profisionais e sociais, de ordenar os valores con un sentido mais humano. Fai que vivamos unha vida compartida na que o “eu” se transforma en “nós”, porque xa nunca mais “o meu ” interese vai primar sobre o interese de quen me acompaña.

En definitiva, ocorre que –casi sen pretenderlo– aumenta o noso talento, co valor engadido de que é un talento ao servizo da sociedade. Probabelmente non somos conscientes do enorme benefício que emprestamos á sociedade non só en termos estritamente económicos se non tamén en termos de talante afectivo: convertemo-nos en escola de convivéncia.

Os nosos fillos, alumnos ou amigos con discapacidade converten-nos en pequeno motor para o troco. Mesmo se, como por desgraza ocorre ás veces , a sua vida foi breve e dura. A nosa influéncia transcorre sen aspavientos, sen discursos nen proclamas. Non prometemos, simplesmente actuamos, traballando desde dentro, no núcleo da sociedade para a ir pouco a pouco transformando.

Por iso é bon que algunha vez nos paremos, nos ollemos a nós mismos… e sorriamos satisfeitos. Imos saindo da mediocridade e axudando a que outros tamén o fagan: da man dos nosos fillos.

Artigo publicado en Canal Down 21

No hay comentarios: